PROTECCIÓN OU VULNERACIÓN. Articulo La Voz de Galicia 6 decembro de 2007.

A xerarquía das necesidades de Maslow ou Pirámide de Maslow, conta no segundo nivel da súa base, entre unha das necesidades básicas do individuo, coa seguridade, a seguridade de que a persoa se sinta segura e protexida, a chamada seguridade física. Pois ben, en ocasión o exceso de celo en garantir esa seguridade física a toda costa, pode colisionar de fronte co dereito a intimidade das persoas. Convertemos así a este intento de protección, nunha arma moi perigosa para as sociedades modernas, dependentes cada vez máis  das novas tecnoloxías para garantir certos niveis de seguridade. Unha das cuestión máis denunciadas e máis postas en tela de xuízo son as cámaras de vídeo vixilancia, que proliferan cada día mais nas cidades, como intento de atallar a delincuencia nas rúas e prazas das nosas vilas.

 

A Axencia Española de Protección de Datos regulamenta coa instrución 1/2006, de 8 de novembro, a captación e o tratamento de imaxes mediante cámaras. Estas imaxes, considéranse pola LOPD, Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal, como un dato de carácter persoal. A instrución da Axencia Española de Protección de Datos aplícase ao tratamento de datos persoais de imaxes de persoas físicas identicadas ou identificables, con fins de vixilancia a través de sistemas de cámaras e videocámaras: debe colocarse na zona polo menos un distintivo informativo e a creación dun ficheiro de imaxes esixe a súa previa notificación á axencia española de protección de datos. Esta instrución adecúa os tratamentos de datos persoais con fins de videovixilancia á LOPD.

 

A videovixilancia encontrase ademais regulamentada na Lei Orgánica 4/97 de 4 de agosto, pola que se rexe a utilización de videocámaras polas Forzas e Corpos de Seguridade en lugares públicos e a Lei 23/1992, de 30 de xullo, de Seguridade Privada e nos regulamentos de desenvolvemento aprobados polos Reais Decretos 596/1999, de 16 de abril 2364/1994, respectivamente.

 

Pretendese con estas medidas, garantir e protexer, no que concirne ó tratamento dos datos persoais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente do su honor e intimidade persoal e familiar.

 

Anuncios